Campaiñas trimbadoras

Dúas rapasas jallejas jallejas…

A música galega non ten descanso!

Abril 16, 2012

Ruxe Ruxe: Grupo nado en Aríns caracterizado pola súa música rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk.

http://www.youtube.com/watch?v=ORrZJhyEgI0

Zenzar: É a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego. Non hai nada que dicir das súa canción para poder enter a súa música tes que escoitala.

http://www.youtube.com/watch?v=9jFpOHq0VbE

Berrogüetto: é un dos grupos de música folk máis prestixiosos de Galiza. No seu repertorio conxugan con destreza a música tradicional e a modernidade.

http://www.youtube.com/watch?v=Sn8UP1JKJ0M&feature=related

Espido: é un dúo musical, formado por Guadi Galego e Guillermo Fernández, que á súa vez son membros de Berrogüetto.

http://www.youtube.com/watch?v=ljUf49cJiZE&feature=related

Marful: A súa música lembra aos salóns de bailes con balcóns dos anos 30-40. Revolucionou a música galega, convertíndose nun grupo de culto entre a intelectualidade do seu país. A música de Marful expresa ideas, proclama sentimentos, describe paisaxes, narra historias. A música de Marful é unha exaltación da abstracción.

http://www.youtube.com/watch?v=nEcn3U37RaA

 

 

Noticias da Mesa pola Normalización.

Abril 16, 2012

Asembleas da Mesa esta semana en Ferrol e Deza

En Ferrol será a cuarta feira (mércores) 18 de abril ás 20 horas no local da Sociedade Cultural Medulio

No Deza convócase plenario comarcal de Queremos Galego a quinta feira (xoves) 19 de abril ás 20 horas no IES Pintor Laxeiro de Lalín

Esta semana celébrase asemblea de zona da Mesa en Ferrol, á que están formalmente convocadas/os todas e todos os socios da entidade na comarca. Así mesmo, e como sempre, a xuntanza está aberta á participación de todas aquelas persoas que, aínda sen seren socias da Mesa, estean interesadas nas nosas actividades e dispostas a colaborar connosco.

A asemblea terá lugar esta cuarta feira (mércores) 18 de abril ás 20 horas no local da Sociedade Cultural Medulio (Porta Nova ou Praza de España, 34 – 3º andar, edificio de Caixa Galiza).

Por outra parte, a quinta feira (xoves) 19 de abril ás 20 horas en 1ª convocatoria (20.30 horas en 2ª) terá lugar un plenario comarcal da plataforma cidadá Queremos Galego da comarca do Deza. Será no Salón de Actos do IES Pintor Laxeiro de Lalín. A xuntanza, que terá por obxectivo principal comezar a activar a campaña que se desenvolverá na zona con motivo da manifestación nacional do vindeiro 17 de maio, ten carácter aberto.

http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/211

“Si haces la prueba en gallego no te la corregimos”

Eis a advertencia do tribunal do proceso de selección de bolsas para o departamento de Turismo do Concello de Redondela a unha aspirante que se dispuña a facer o exame no idioma propio de Galiza

A afectada, que puxo o seu caso en coñecemento da Mesa a través da Liña do Galego, xa presentou un escrito de reclamación no rexistro municipal redondelán

A Mesa considera o caso un “moi grave exemplo” de vulneración de dereitos lingüísticos no acceso a un posto de traballo e exixe ao consistorio que “rectifique” e á Xunta que “tome cartas no asunto”

A Mesa denuncia o “gravísimo caso” de vulneración de dereitos lingüísticos acontecido durante o proceso de selección para a provisión de varias bolsas de traballo na área de Turismo do Concello de Redondela, no cal se chegou ao extremo de o tribunal advertir a unha das candidatas, Natalia Soliño Figueroa, que non sería avaliada “se facía a proba en galego”. Deste tribunal facía parte un técnico do Padroado de Turismo das Rías Baixas, dependente da Deputación de Pontevedra, que foi quen ao parecer fixo a “advertencia”.

A asociación en defensa da lingua coñeceu este caso a través da chamada da propia afectada á Liña do Galego, o servizo de atendemento e consulta sobre dereitos lingüísticos que A Mesa pon ao dispor de toda a cidadanía a través de correo electrónico (linhadogalego@amesanl.org) e da liña telefónica 902 106 474.

A afectada xa presentou un escrito de reclamación no propio Rexistro do concello redondelán contra o que considera unha evidente “discriminación”. A aspirante ás bolsas indica que “en ningún punto” das bases da convocatoria se especificaba que fose “obrigatorio usar o castelán” ou que estivese prohibido “expresarse na lingua propia de Galiza” para optar a un traballo “nun concello que, obviamente, está en Galiza”.

A Mesa demándalle ao Concello de Redondela unha “contundente investigación” dos feitos denunciados e porá de inmediato o caso en coñecemento do Valedor do Pobo e da Dirección xeral da Administración Local e da Secretaría xeral de Política Lingüística para que “actúen” e fagan ao consistorio redondelán “cumprir a lei”. A entidade recorda que é o propio artigo 5 do Estatuto de autonomía o que prohibe calquera tipo de discriminación por razón de lingua.

A maior asociación cultural de Galiza lamenta, por último, que polo momento as únicas declaracións públicas dos responsábeis municipais, nomeadamente do concelleiro Alberto Pazos e do propio alcalde, Javier Bas, fosen só para negar a versión da afectada e “exculpar” así os membros do tribunal do proceso selectivo. “Se o Concello sabe que se ‘meteu a zoca’ no asunto e hai unha presunta ilegalidade, o que debe facer é rectificar, non ocultar a realidade”, conclúe A Mesa.

http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/205

Concentración de apoio á rapaza afectada pola discriminación lingüística en Redondela

A terza feira (martes) 17 de abril ás 11.45 h, hora en que esta persoa acudirá ao Concello a ratificar a denuncia.

Podes consultar e divulgar o evento en facebook desta concentración simbólica.

Nun proceso de selección de bolsas de traballo no Concello de Redondela, hai escasos días, unha muller recibiu a advertencia dun membro do tribunal: “Si haces la prueba en gallego no te la corregimos”.

Ademais dunha grave discriminación, denegar a posibilidade de utilizar o galego é ilegal. Que aconteza nun Concello xa é vergoñento.

Tanto a persoa afectada como A Mesa pola Normalización Lingüística presentaron escritos reclamando unha investigación do acontecido.

Agora, a muller a quen se lle impediu usar o galego, so ameaza de non valoraren a súa proba, está chamada a acudir perante o tribunal e ratificarse. Será o vindeiro 17 de abril ás 11.45 h no Concello de Redondela.

A Mesa convoca por iso unha concentración para esa hora e lugar.

Pola lingua que nos une!

Paremos os ataques contra o galego!

http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/207

Botádelle tamén unha ollada a:

http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/212

http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/203

 

 

Informádevos melendreques!

 

 

A Tenda

Abril 16, 2012

Na Mesa pola normalización tamén atopamos un apartado de Tenda.

Algúns productos son: camisolas, chapas, bolsos, cadernos…

As chapas son moi orixinais mais están esgotadas. Asique dende o noso blog conformarémonos cunha camisola (dispoñible en todas as tallas) e unha bolsa para gardar as nosas ideas mais orixinais sobre a lingua.

Xa sabes melendreque! Bótalle unha ollada que están expostos diversos artigos a moi bo prezo.

 

Folga de estudantes o 19 de abril.

Abril 11, 2012

O xoves 19 de abril está convocada unha folga de estudantes para denunciar que o uso do galego na ensinanza está por baixo do 20% en moitos centros.  Co lema: “Paremos os ataques contra o galego”, e a defensa de: “dereito a aprender en galego”.

A comunidade galega é a única do Estado, na que se prohíbe o uso da lingua propia para a ensinanza de algunha materi

As mocidades galegas entenden que o goberno de Feijoo e o seu decreto para o plurinlingüismo supón un gran retroceso na ensinanza.

A folga está aberta para o alumnado do 2º ciclo da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, EPA e Ensinanzas Artísticas e Especiais.

O hashtag nas redes sociais #19Aestudantespologalego, onde podedes asinar a vosa asistencia e informarvos sobre outros datos desta folga.

Xa sabedes melendreques, folga para defender o noso galego!!!

 

Xa non está…

Abril 2, 2012

Levanteime aquela mañá triste, cansa e sen saber moi ben que ía ser a partir de agora da miña vida. A casa despertara esa mesma mañá pobre e sen luz. O único que desexaba era sentir por última vez a meu irmán á miña beira, contándome como lle fora coa súa banda no baixo de Toño. Aquel local cunhas condicións penosas. De seguido, se estivese conmigo, estaría escoitando o novo tema do futuro cd que grabarían cando aforrasen cartos e se fixesen mínimamente coñecidos. Aquel futuro cd, o cal despois da morte de Xoel, quedaría nun proxecto dos moitos que argallaba e cos que tanto me molestaba.

Molestábame daquela maneira. Porque da mesma forma que desexaría que calase algún día, gústabame que confiara en min para contarme as súas cousas.

Durante o almorzo non se oíu nin o silbar dos paxaros. Estiven á espera de que Xoel me botara ás agachadas unha culler de azucre no tazón de leite para facerme rabiar. Pero esa mañá o leite estaba soso. Non logrei acabar as galletas.

Subín para o meu cuarto. Aínda que a persiana estaba aberta e facía sol, non entraba luz coma de costume. Arrimei a butaca cara á fiestra. Senteime e mirei para fóra. Primeiro só vía quen pasaba pola rúa, como voaban os paxaros, como repartía o panadeiro o pan…mais lembreime de meu irmán tocando no festival do instituto con Toño e Xosé. Tararei a canción. Apenas me acordaba da letra. Eso, entristeceume. Sen decatarme a miña mente quedou en branco durante un bo tempo.

Berraron por min dende a cociña. Baixei. A mesa estaba posta. Senteime no meu sitio de sempre. Ao meu lado un silla baleira. Miña nai serviu o caldo. Tomeino, sen ganas. Non tiña apetito. Meu pai fixo un comentario sobre a crise da que estaban a falar no telediario. Ninguén dixo nada. Soou o timbre. Non facíamos por ir abrir. Levanteime e fun. Era Toño coa súa nai. Pasaron á cociña e volvéronnos dar o pésame. Servímoslles un café mais unhas pastas. Invitei a Toño a subir ao cuarto de estar. Preguntoume que tal estaba. A resposta era sinxela. Non sei. Era certo, non sabía nin como me debía sentir. Non tiña ganas de chorar, non me saían as lágrimas. Quizais, porque non asimilara que Xoel xa non estaba entre nós.

Se fose noutro momento tería formigas na barriga por estar sentada xunto ao rapaz que me gsutaba. Pero non sentía nada. Quedamos calados. O silenzo era incómodo. Comezou a falar. Contoume que a “Coballa”, como lle chamamos á profesora de mates, puxera na mesma semana, dous exámenes sorpresa. Era a típica mestra esixente, pero boa muller. A meu irmán e a súa panda tíñalles cariño, xa que debía ser a única asignatura na que aínda suspendendo, traballaban. Todo volveu quedar en silenzo.

Abrín o caixón do moble, e collín a caixiña de Xoel. Dinlla a Toño. Abriuna. Dentro había papeis. Debuxos, letras de cancións, fotos… Meu irmán dicía que a metade desa caixa pertencíalle a Toño. Mais el non a quería, dixo que era máis miña ca súa. Non entendín porque. Era tarde, e Toño e súa nai marcharon.

 

Xogos tradicionais

Marzo 25, 2012

Aquí vos deixamos un vídeo co que pensan os nosos meniños dos xogos tradicionais.

http://www.youtube.com/watch?v=9u_2DJe44pA

Esperámos que vos guste.

Unha aperta melendreques!

Banda Artística de Merza

Marzo 23, 2012

Póñase un cento de cadeiras e, en cada unha, séntese unha persoa. Se visten traxe e grabata os homes, e vestidos de moita estofa as mulleres, esta xente reunida ben parecerá unha sesión do Parlamento. Se, para máis, a cada persoa se lle pon un instrumento entre as mans que non sabe afinar nin tocar, aquilo producirá tal batifondio que de novo recordará aos politícos. Ora, a cousa cambia se os que collen os instrumentos son os músicos da Banda Artística de Merza. Entón vaia se saen cousas con xeito!   (texto parcialmente copiado de Xosé Díaz Díaz das palabra adicada á Banda Artística de Merza)

A Banda Artística de Merza fundóuse no 1828, é agrupación popular  máis antiga de Galicia. O primeiro director do que se ten constancia foi Anselmo González, ao que sucedería o seu neto Rogelio Otero. En 1930 a agrupación divídese en dúas bandas: A “Vella” e a “Nova”. Dirixidas ambas por dous directores. En 1939 volvéronse xuntar baixo a batuta de Jesús Cao González. Ó longo desta carreira musical foron moitos os directores que pasaron pola Artística de Merza, entre eles: Enrique González, Amadeo Valero, Xurxo Guzmán, José Rodríguez Ramos, e o actual José Luis Quintás. Do mesmo xeito inteveñen importantes directores convidados coma: Xosé Carlos Seráns, Marcel Van Bree, Ángel Crespo ou Jan Cober.

A agrupación ten actuado por toda a xeografía galega e tamén por Asturias, Valencia, Cantabria, Cataluña, Portugal, Holanda e Italia sen esquencer as xiras realizadas por Venezuela nos anos 1982 e 1992, e por Arxentina no ano 2000.

No 2009 fixeron unha viaxe a Roma donde tocaron para Benedicto XVI, e en dito ano participaron no “Worl Music Contest” (concurso de bandas de música de todo o mundo) en Kerkrade, Holanda. Sendo a primeira banda galega en participar en dito certamen.

A banda participa en numerosos certámenes de pretixioso recoñecemento como Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Pontevedra, Lalín e Vila de Cruces. E tamén en festivais e certámenes fóra da comunidade autónoma de Galicia: Altea, Valencia, Portugal, Holanda…

Realizou grabacións para a televisión de Galicia e CD’s propios. Algúns deles son: “Bandas Galegas”, “171 Anos de Tradición Musical”, “A Música de Merza, solistas” e o último grabado en Vilagarcía para a Asociación de Compositores Galegos.

A Banda Artística de Merza ten federados máis de 100 músicos, moitos deles profesionais. É considerada unha das mellores e máis atractivas bandas de música de Galicia.

Algo hai en Merza que os fai músicos, e dos bos. Algo ten o lugar para que a súa historia de hai case douscentos anos veña contada en música, aínda coas miseria, guerras e calamidades. Algo para que o de estes músicos mereza, de par dos recoñecementos profesionais, unha boa novela dos avatares.

Imos de parranda!

Marzo 21, 2012

A parranda galega é moi importante. En calquera festa galega as nosas voces escóitanse dende a costa do Cantábrico ata a fronteira de Portugal.

Nunca faltan boas cancións como as de Herdeiros da Cruz ou as xa pasadas como Os Tamara ou Ana Kiro. Melodías e letras que nos deixaron unha importante pegada en todos os corazóns dos galegos e galegas, que non temos prexuízos para cantar na nosa lingua. Unha lingua ca que fabricamos cancións recoñecidas na nosa terra e fóra dela.

Algunhas delas, e as máis festeiras son:

A Banana, Ana Kiro

http://www.youtube.com/watch?v=eCXfxVkiFx0

Pidechas o corpo, Ana Kiro

http://www.youtube.com/watch?v=9B-Y7qC96jw

O tren, Andrés Do Barro

http://www.youtube.com/watch?v=xCMkNp92mx8

Miudiño, A Roda

http://www.youtube.com/watch?v=d2-YnEKW7iw

Pousa, pousa, A Roda

http://www.youtube.com/watch?v=Xnx73C7n5xk&feature=related

Eu quero josar, Heredeiros da Crus

http://www.youtube.com/watch?v=CfEdFJuXEPk

Xa o vedes melendreques as nosas festas están cargadas de gran música parrandeira!

 

Unha de literatura en galego!

Marzo 12, 2012

E aquí unha lista do libros que máis lle gustaron aos mozos e mozas que nos deixaron o nome nas redes sociais.

 

xa o vedes…unhas cantas opcións para ler en galego!

Disfrutade soñando coa maxia dos contos.

 

Censura nas nosas linguas.

Marzo 7, 2012

Despois dunha tempada pensando en como entender que a directiva do noso instituto: Ies Marco do Camballón, nos convocase nunha reunión, sen previo aviso aos alumnos de cuarto da ESO, pero a que era preciso asistir pois nela trataríamos temas de interese de todo o centro e a nova dunha norma que non deixou indiferente a ninguén.

Pero que dicimos de norma? Lei entón? Tampouco….como eles mesmos dixeron: “Isto non é unha norma. Non vos imos obrigar a cumprila. Simplemente vos invitamos a que non vos deades o lote dentro do recinto escolar”. (Estas palabras non foron as exactas, mais o mensaxe e cravadiño ao que nos quixeron transmitir).

Esta “norma” xurdiu de que eles (a directiva) pensan que as mostras de afecto que se veñen a mostrar dende que comezou o curso dentro do centro, entre parexas de todas as idades, non son as axeitadas para os alumnos de primeiro e segundo da ESO por ser pequenos, e que nós, os maiores, deberíamos ser un exemplo para eles.

E que mellor exemplo que darse afecto os uns aos outros e quererse?

Entón estes mesmos raparigos de 12, 13 anos nunca viron a dúas persoas bicándose? Non prenderon nunca a televisión, e mesmo en debuxos, ver esceas algo máis que subidas de tón?

Por outra banda, moitas nais tamén protestaron, porque ver estas memas esceas daban mala imaxe ao centro.

Aí vos deixamos as nosas opinións. Estades dacordo con nós?

Deixádenos a vosa opinión nun comentario ou mensaxe no noso facebook ou tuenti: Campaiñas Trimbadoras.

Deica outra melendreques!

Parse error: syntax error, unexpected '<' in /var/www/bloga/wpmu/wp-content/themes/Dawntree/footer.php on line 2