Campaiñas trimbadoras

Dúas rapasas jallejas jallejas…

Lingua (apúntate)Archive for the ‘’ Category

A Tenda

Abril 16, 2012

Na Mesa pola normalización tamén atopamos un apartado de Tenda.

Algúns productos son: camisolas, chapas, bolsos, cadernos…

As chapas son moi orixinais mais están esgotadas. Asique dende o noso blog conformarémonos cunha camisola (dispoñible en todas as tallas) e unha bolsa para gardar as nosas ideas mais orixinais sobre a lingua.

Xa sabes melendreque! Bótalle unha ollada que están expostos diversos artigos a moi bo prezo.

 

Folga de estudantes o 19 de abril.

Abril 11, 2012

O xoves 19 de abril está convocada unha folga de estudantes para denunciar que o uso do galego na ensinanza está por baixo do 20% en moitos centros.  Co lema: “Paremos os ataques contra o galego”, e a defensa de: “dereito a aprender en galego”.

A comunidade galega é a única do Estado, na que se prohíbe o uso da lingua propia para a ensinanza de algunha materi

As mocidades galegas entenden que o goberno de Feijoo e o seu decreto para o plurinlingüismo supón un gran retroceso na ensinanza.

A folga está aberta para o alumnado do 2º ciclo da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, EPA e Ensinanzas Artísticas e Especiais.

O hashtag nas redes sociais #19Aestudantespologalego, onde podedes asinar a vosa asistencia e informarvos sobre outros datos desta folga.

Xa sabedes melendreques, folga para defender o noso galego!!!

 

Unha de literatura en galego!

Marzo 12, 2012

E aquí unha lista do libros que máis lle gustaron aos mozos e mozas que nos deixaron o nome nas redes sociais.

 

xa o vedes…unhas cantas opcións para ler en galego!

Disfrutade soñando coa maxia dos contos.

 

Sí, porque somos galegos.

Xaneiro 23, 2012

Fomos capaces de facer unha maleta, cando sabíamos que nos afastaba da nosa casa por moitos anos.

Fomos capaces de viaxar onde ninguén fora antes.

Loitar sen enteder.

Abrirnos paso nunha vida dura e combatiba.

Fomos capaces de decir adeus.

De ser pai a miles de quilómetros, e nai e pai á vez.

Somos capaces de conquistar os mares todos os días e desafiar todas as ondas do mar.

Somos capaces de madrugar e ser tres persoas á vez e sacar unha familia adiante.

E sorrir, e gozar…

Somos capaces de traballar, estudar e axudar na casa.

Somos capaces de saír adiante coma poucos no mundo.

Como non imos ser capaces de saír adiante en momentos difíciles?

Como non imos ser capaces de reinventarnos, de apretar os dentes, de traballar máis e mellor…?

E sabedes porque?

Porque temos unha fómula secreta.

Fala galego e averiguarás cal é!

Parse error: syntax error, unexpected '<' in /var/www/bloga/wpmu/wp-content/themes/Dawntree/footer.php on line 2