Campaiñas trimbadoras

Dúas rapasas jallejas jallejas…

Archive for Marzo, 2012

Xogos tradicionais

Marzo 25, 2012

Aquí vos deixamos un vídeo co que pensan os nosos meniños dos xogos tradicionais.

http://www.youtube.com/watch?v=9u_2DJe44pA

Esperámos que vos guste.

Unha aperta melendreques!

Banda Artística de Merza

Marzo 23, 2012

Póñase un cento de cadeiras e, en cada unha, séntese unha persoa. Se visten traxe e grabata os homes, e vestidos de moita estofa as mulleres, esta xente reunida ben parecerá unha sesión do Parlamento. Se, para máis, a cada persoa se lle pon un instrumento entre as mans que non sabe afinar nin tocar, aquilo producirá tal batifondio que de novo recordará aos politícos. Ora, a cousa cambia se os que collen os instrumentos son os músicos da Banda Artística de Merza. Entón vaia se saen cousas con xeito!   (texto parcialmente copiado de Xosé Díaz Díaz das palabra adicada á Banda Artística de Merza)

A Banda Artística de Merza fundóuse no 1828, é agrupación popular  máis antiga de Galicia. O primeiro director do que se ten constancia foi Anselmo González, ao que sucedería o seu neto Rogelio Otero. En 1930 a agrupación divídese en dúas bandas: A “Vella” e a “Nova”. Dirixidas ambas por dous directores. En 1939 volvéronse xuntar baixo a batuta de Jesús Cao González. Ó longo desta carreira musical foron moitos os directores que pasaron pola Artística de Merza, entre eles: Enrique González, Amadeo Valero, Xurxo Guzmán, José Rodríguez Ramos, e o actual José Luis Quintás. Do mesmo xeito inteveñen importantes directores convidados coma: Xosé Carlos Seráns, Marcel Van Bree, Ángel Crespo ou Jan Cober.

A agrupación ten actuado por toda a xeografía galega e tamén por Asturias, Valencia, Cantabria, Cataluña, Portugal, Holanda e Italia sen esquencer as xiras realizadas por Venezuela nos anos 1982 e 1992, e por Arxentina no ano 2000.

No 2009 fixeron unha viaxe a Roma donde tocaron para Benedicto XVI, e en dito ano participaron no “Worl Music Contest” (concurso de bandas de música de todo o mundo) en Kerkrade, Holanda. Sendo a primeira banda galega en participar en dito certamen.

A banda participa en numerosos certámenes de pretixioso recoñecemento como Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Pontevedra, Lalín e Vila de Cruces. E tamén en festivais e certámenes fóra da comunidade autónoma de Galicia: Altea, Valencia, Portugal, Holanda…

Realizou grabacións para a televisión de Galicia e CD’s propios. Algúns deles son: “Bandas Galegas”, “171 Anos de Tradición Musical”, “A Música de Merza, solistas” e o último grabado en Vilagarcía para a Asociación de Compositores Galegos.

A Banda Artística de Merza ten federados máis de 100 músicos, moitos deles profesionais. É considerada unha das mellores e máis atractivas bandas de música de Galicia.

Algo hai en Merza que os fai músicos, e dos bos. Algo ten o lugar para que a súa historia de hai case douscentos anos veña contada en música, aínda coas miseria, guerras e calamidades. Algo para que o de estes músicos mereza, de par dos recoñecementos profesionais, unha boa novela dos avatares.

Imos de parranda!

Marzo 21, 2012

A parranda galega é moi importante. En calquera festa galega as nosas voces escóitanse dende a costa do Cantábrico ata a fronteira de Portugal.

Nunca faltan boas cancións como as de Herdeiros da Cruz ou as xa pasadas como Os Tamara ou Ana Kiro. Melodías e letras que nos deixaron unha importante pegada en todos os corazóns dos galegos e galegas, que non temos prexuízos para cantar na nosa lingua. Unha lingua ca que fabricamos cancións recoñecidas na nosa terra e fóra dela.

Algunhas delas, e as máis festeiras son:

A Banana, Ana Kiro

http://www.youtube.com/watch?v=eCXfxVkiFx0

Pidechas o corpo, Ana Kiro

http://www.youtube.com/watch?v=9B-Y7qC96jw

O tren, Andrés Do Barro

http://www.youtube.com/watch?v=xCMkNp92mx8

Miudiño, A Roda

http://www.youtube.com/watch?v=d2-YnEKW7iw

Pousa, pousa, A Roda

http://www.youtube.com/watch?v=Xnx73C7n5xk&feature=related

Eu quero josar, Heredeiros da Crus

http://www.youtube.com/watch?v=CfEdFJuXEPk

Xa o vedes melendreques as nosas festas están cargadas de gran música parrandeira!

 

Unha de literatura en galego!

Marzo 12, 2012

E aquí unha lista do libros que máis lle gustaron aos mozos e mozas que nos deixaron o nome nas redes sociais.

 

xa o vedes…unhas cantas opcións para ler en galego!

Disfrutade soñando coa maxia dos contos.

 

Censura nas nosas linguas.

Marzo 7, 2012

Despois dunha tempada pensando en como entender que a directiva do noso instituto: Ies Marco do Camballón, nos convocase nunha reunión, sen previo aviso aos alumnos de cuarto da ESO, pero a que era preciso asistir pois nela trataríamos temas de interese de todo o centro e a nova dunha norma que non deixou indiferente a ninguén.

Pero que dicimos de norma? Lei entón? Tampouco….como eles mesmos dixeron: “Isto non é unha norma. Non vos imos obrigar a cumprila. Simplemente vos invitamos a que non vos deades o lote dentro do recinto escolar”. (Estas palabras non foron as exactas, mais o mensaxe e cravadiño ao que nos quixeron transmitir).

Esta “norma” xurdiu de que eles (a directiva) pensan que as mostras de afecto que se veñen a mostrar dende que comezou o curso dentro do centro, entre parexas de todas as idades, non son as axeitadas para os alumnos de primeiro e segundo da ESO por ser pequenos, e que nós, os maiores, deberíamos ser un exemplo para eles.

E que mellor exemplo que darse afecto os uns aos outros e quererse?

Entón estes mesmos raparigos de 12, 13 anos nunca viron a dúas persoas bicándose? Non prenderon nunca a televisión, e mesmo en debuxos, ver esceas algo máis que subidas de tón?

Por outra banda, moitas nais tamén protestaron, porque ver estas memas esceas daban mala imaxe ao centro.

Aí vos deixamos as nosas opinións. Estades dacordo con nós?

Deixádenos a vosa opinión nun comentario ou mensaxe no noso facebook ou tuenti: Campaiñas Trimbadoras.

Deica outra melendreques!

Lluis Vives

Marzo 6, 2012

En Valencia un gran número de estudiantes colapsaron o centro da cidade para expresar o seu desagrado cara aos recortes na ensinanza pública. A concentración comezou xunto ao instituto Lluis Vives cun gran número de persona, pero chegaron a ser miles. Ante este panorama houbo un forte deplegue de policías e furgóns da Policía Nacional.

Producíronse unhas nove detencións. Ao que a policía dixo que foi por resistencia e desobediencia á autoridade, xa que estaban cortando o tráfico.

Os xóvenes quedaron frente a policía reprochando a súa actuación con diversos cántigos. Pero volveuse a producir unha segunda carga policial donde varias persoas quedaron feridas e tiveron que ser atendidas polo SAMU.

Debemos de pedir explicación. Porque hai que aguantar isto? Só estaban protestando por algo xusto. Quen dou permiso para atacar? E esta a sociedade na que vivimos? Esta é a xustiza que nos protexe?

Só somos xente que loita por unha mellor ensinanza. Non estamos a matar a ninguén.

Quero mirarme, nas meniñas dos teus ollos!

Marzo 5, 2012

Esta fermosa canción, emblemática da música galega formou parte da única obra de teatro que Castelao escribiu: “Os vellos non deben de namorarse”. Esta obra ironiza sobre o paso do tempo e o amor dos vellos polas mozas.

http://www.youtube.com/watch?v=Aaxx8c6wftI

Están as nubes chorando
por un amor que morreu
Están as rúas molladas
de tanto como choveu (bis)

Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos

Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

Dame alento das túas palabras,
dame celme do teu corazón,
dame lume das túas miradas,
dame vida co teu dulce amor. (bis)

Lela, Lela….

….
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

Eiquí vos deixamos unha versión de “Lela” de Castelao e cantada por Astarot.

Podedes buscar máis poesías galegas versionadas por Astarot no ” youtube”.

Parse error: syntax error, unexpected '<' in /var/www/bloga/wpmu/wp-content/themes/Dawntree/footer.php on line 2