Campaiñas trimbadoras

Dúas rapasas jallejas jallejas…

Archive for Febreiro, 2012

Lina.

Febreiro 27, 2012

 Cando un grupo de persoas se manifestan é para mostrar que unha parte significativa da poboaciónestá a favor ou en contra dunha determinada política, persoa, lei, etc. Mais comunmente, a policía ten que intervir nela para que non se produzan disturbios ou violencia.

Algunhas vez as manifestacións serven para algo e cúmprese o que ese grupo de persoa desexaba, pero por desgracia a maioría das veces isto non é así e ninguén os escoita. Fártanse de berrar e os de arriba fanse os xordos. Mais isto non remata aquí, moitas veces aínda por encima de non escoitalos ven a policía cas porras e levan a uns cuantos presos.

Así pasou en Valencia, no Luis Vives, nunha manifestación estudiantil contra os danos que os recortes estaban a causar no seu instituto. Esta manifestación pacífica rematou cun menor preso e ca Policía Local pedíndolle moderación á Policía Nacional.

Todas as persoas teñen dereito a manifestarse e a dar a súa opinión. Soamente ten que saber as formas adecuadas de facelo, respetando ao máximo a todas persoas do seu redor.

Bótalle unhas risadas!

Febreiro 16, 2012

Melendreques para que vexades que o galego tamén é diversión aquí vos deixamos unha de troulas:

 

 

 

Josa co galego!

Febreiro 3, 2012

Heredeiros da Crus a famosa banda de rock do Barbanza volve cunha nova canción: ” Eu quero josar”.

Aquí vos deixamos a jran letra….

Sete cuncas de viño unha vella de gholpe bebeu, rebentoulle o cordón do xustillo de tanto que encheu.
Tiña sede e bebeu outras sete e mais estorou, fixo como un foghete no aire chis-pun e estoupou.

Eu quero, eu quero josar, e encherme de viño ata rebentar.
Eu quero, eu quero josar, e morrer empalmado con unha botella na man.

Andar quente, tirado ou de lado, ou senón coma un can, mexar detrás dunha esquina e volver a carghar.
Pois mirade, que o tempo non para e axiña se vai, disfrutade, bebede e trincade, non vos vido máis.

Eu quero, eu quero josar, e encherme de viño ata rebentar.
Eu quero, eu quero josar, e morrer empalmado con unha botella na man.

Eu quero, eu quero josar, e encherme de viño ata rebentar.
Eu quero, eu quero josar, e morrer empalmado con unha botella na man.

Melendreques....josade....e facédeo coa lingua galega!

				
			

Doce coma o mel

Febreiro 1, 2012

A miña terra é doce coma o mel,

abondosos e gasalleiros os seus froitos.

Na primavera abondan os touzales

e o cuco canta.

Xermola a natureza

baixo a fecunda codia das labranzas.

Alédanse os boscos

i as noites son infindas i estreladas.

Sí.

A miña terra é doce coma o mel,

pro, a carón de tanta fermosura,

a miseria labróulle

un túnel amarguísimo na historia.

 

 

A miña terra e soave, solermiña

polo vrau, cando as anduriñas tecen

os seus voos de soños. Os grilos poñen

axóuxeres vibrátiles na serán lenta.

Os reisiñoles cantan ás portas do mencer

e os ríos pasan a romería.

Sí.

A miña terra é soave, solermiña

pro, nos ollos dos meniños

que van á escola nas mañas frías,

hai unha tristura antiga.

 

A miña terra é aquelada como unha mazá

polo outono, cando os arbres son de ouro

e a brisa acariña como un beixo.

 

Nácenlle á paisaxe camiños novos

con merlos chifradores baixo as parras.

 

 

Melendreques, un poemiña de Celso Emilio Ferreiro; pertencente ó libro “Viaxe ó país dos ananos”.

Parse error: syntax error, unexpected '<' in /var/www/bloga/wpmu/wp-content/themes/Dawntree/footer.php on line 2