Campaiñas trimbadoras

Dúas rapasas jallejas jallejas…

Archive for Xaneiro, 2012

Vive o presente! Mais pensa no mañá!

Xaneiro 30, 2012

O teu futuro. A quen lle importa? A ti? A teus pais? Non será máis importante o presente?

Exámenes. Horarios que cumprir. Tarefas. Obrigas. Responsabilidades. Cousas que todo o mundo coñece…

Mais quen se lembra dos desexos, soños, amigos, festas, borracheiras, resacas, mozos e mozas…? Da diversión que atopas sen buscala…?

Que razón tiña o que dixo aquela frase de “Carpe Diem”. Ou acaso non estamos para gozar do momento, do agora?

O pasado, pasado está;  e o futuro xa virá, total xa todo está escrito. Pero alguén o coñece ó autor?

Es ti mesmo! Cada día estás a encher unha nova páxina da túa vida, un novo capítulo.

Escríbeo. Non te cortes. Que sexa divertido, familiar…

Para que no futuro cada fiestra que abras che recorde todo o pasado vivido.

Con todo, lémbrate que o futuro tamén o hai que traballar.

 

Recorda melendreque: ” Camiñante non hai camiño faise camiño ó andar”

 

Corre Carmela que chove!!

Xaneiro 30, 2012

Unha flor,

unha pomba,

un camiño,

unha onda,

un canciño camiñando

e un vello vai chorando.

 

Un fogar,

un meniño,

un avo moi velliño,

unha vella traballando

e as súas mans sangrando.

 

Ista é Galiza,

a nosa terra,

onde os novos

van tan lonxe dela.

Mándannos cartos

pra nosa terra,

pra un día voltar a ela.

 

O amor no estranxeiro,

dende aquí pasa o inverno,

unha moza que este soñando

cun traxiño moi branco.

 

Cascaraschás traballando

os seus cartos gañando,

unha terra verde clara,

que os está chamando.

 

Ista é Galiza,

a nosa terra,

onde os novos

van tan lonxe dela.

Mándannos cartos

pra nosa terra,

pra un día voltar a ela.

 

A moza, a moza segue soñando, cunha flor, cunha pomba e un traxiño branco e un meniño.

 

Aquí vos deixamos a letra da canción “Ista é Galiza” de Pucho Boedo xunto aos Tamara.

 

Unha aperta melendreques!

Galego

Xaneiro 25, 2012

Actualmente moitas das nosas linguas atópanse en perigo de extinción. Cada ano desaparecen unhas 10 linguas e moitas delas antes do século.

Unha lingua poderíase comparar cunha árbore. Onde as raíces sería a propia lingua e as ramas os dialectos.

O misterio das linguas en moitos casos non é a procedencia senón a supervivencia.

As linguas son cultura, creencias, modos de vida, historia…

Debemos de deixar os prexuízos do galego a un lado, e darnos de conta de que non pecha portas senón que nos mesmos nos encargamos de atrancalas.

Necesitamos que o galego se transmita de xeración en xeración para enriquecelo.

Loitamos e debemos de seguir facendoo para que o galego se difunda non só en ámbitos familiares, tamén (e en maior medida) na educación, nas administracións, na rede…

O galego segue vivo, non o mates!

 

Eugenia

Sí, porque somos galegos.

Xaneiro 23, 2012

Fomos capaces de facer unha maleta, cando sabíamos que nos afastaba da nosa casa por moitos anos.

Fomos capaces de viaxar onde ninguén fora antes.

Loitar sen enteder.

Abrirnos paso nunha vida dura e combatiba.

Fomos capaces de decir adeus.

De ser pai a miles de quilómetros, e nai e pai á vez.

Somos capaces de conquistar os mares todos os días e desafiar todas as ondas do mar.

Somos capaces de madrugar e ser tres persoas á vez e sacar unha familia adiante.

E sorrir, e gozar…

Somos capaces de traballar, estudar e axudar na casa.

Somos capaces de saír adiante coma poucos no mundo.

Como non imos ser capaces de saír adiante en momentos difíciles?

Como non imos ser capaces de reinventarnos, de apretar os dentes, de traballar máis e mellor…?

E sabedes porque?

Porque temos unha fómula secreta.

Fala galego e averiguarás cal é!

Porque seguimos a empregar o galego.

Xaneiro 23, 2012

Por moito que se empeñen en que as linguas extranxeiras abren máis portas, todas as que abrimos ata agora, e as que nos quedan por abrir; foron e serán co galego.

http://www.youtube.com/watch?v=JD_goUyV0cU

Por moitas portas pechadas que atopes, lembra que en Galiza, todas as pechaduras teñen nome!

Non te esquezas melendreque. Emprega o galego e deica outra.

 

 

Olaaaa!!

Xaneiro 16, 2012

Ola a todos! Somos dúas raparigas de 15 anos. Vivimos nunha pequena vila chamada Vila de Cruces. Estudiamos no IES Marco do Camballón, e traballamos neste novo proxecto para a clase de galego. Estamos argallando novedosos temas para expresar o nosa opinión sobre a nosa lingua, a lingua galega, que ao fin e ao cabo impórtanos a todos, xa que todos facemos uso dela.

Deica a próxima melendreques!

 

Parse error: syntax error, unexpected '<' in /var/www/bloga/wpmu/wp-content/themes/Dawntree/footer.php on line 2